Na punta noroeste do Concello de San Sadurniño e lindando ó este có Concello de Moeche e ó oeste có Concello de Valdoviño, atópase a parroquia de Santa María de Bardaos. Conta cunha poboación de 282 habitantes, ainda que os fines de semana pode ascender ata os 320 e en épocas de vacacións pode alcanzar fácilmente os 350 habitantes (a morriña é a morriña). Esta poboación atopase distribuida en 14 núcleos poboacionais: Randulfe, Casanova, Gudín (en realidade este lugar pertence á parroquia de Lamas, pero devido á súa situación xeográfica desenvolven ás súas labores nesta parroquia, podese decir que é un fillo adoptivo de Bardaos), Veiga, Castro, A Fraga, Sanguiñeira, Bañoca, Loibas, Pardiñeira, Leboriz e Carbeiral, Meixeiroa e por último A Corveira.
A parroquia de Sta. María de Bardaos está regada polo Río Forcadas que desemboca no embalse do mesmo nome, ó seu paso por la nosa parroquia, o forcadas alimentase de pequenos riachuelos como o do Porcallo dunhos tres kms e que nace na Fonte do Coto. Outro afluente é o da Tilleira, de lonxitude semellante ó anterior e que ve a luz no concello de Moeche. Preto da desembocadura deste último faino tamén o Rego do Cedo, este nado na Meixeiroa, con unha lonxitude de pouco máis de 1 Km., a escasos cincocentos metros, sumase ó forcadas o cano da Tillería, este con apenas catrocentos metros ten a sua cuna na Fonte dos Cunqueiros. Logo ven o canigote do Balogueiro, con orixe na Pallota e de lonxitude moi parecida ós dous primeiros, antes de incorporarse ó Forcadas, este canigote vese reforzado polo caudal do Cano dos Xacobes de apenas un Km de lonxitude. O penúltimo en sumase ó Forcadas é o rio da Veiga, sen dubida o máis largo e caudaloso de todos eles, a súa orixe hai que buscala nas terras do Camiño Arriba. Por último está o Cano Grande das Fontes con unha lonxitude que ronda os tres Kms. Estes pequenos riachuelos non contan cun nome específico, nos aquí recollemos o nome polo que se coñecen dentro da nosa parroquia.
Bardaos está plagado de zona verde, por si non fora de abondo
con todolos rios que se dan cita nesta parroquia, cumple engadir o
número de Fontes que emanan auga durante todo o ano. Comenzando
polo norte, atopamonos coa
Fonte
do Coto, como xa dixemos esta dá lugar ó afluente do
Porcallo. Esta fonte conserva un antiguo lavadeiro público no que
as mulleres iban lavar a roupa, o estado do mesmo é excelente. A
escasos cincocentos metros desta, encontrémonos coa
Fonte da Rica, coa
auga desta fonte acostumabanse a facer os Corgos, que eran os lugares
onde se colocaba o liño para abrandalo, logo temos a dos
Carballas, a súa auga era moi apreciada para o consumo humano.
Andamos outos trescentos metros e damos coa
Fonte da Abeleira, que ó igual
que a anterior, as suas augas gozaban de moi boa sona. Xa na
Bañoca, topamonos con duas fontes, a dos de Casanova e a das
Lagas. No Castro contamos coa Fonte do Pereiro, a auga desta fonte
xamáis contou coa aprobación popular, pois sempre tivo
sona de ser catarreira. Por ultimo nomearemos a Fonte da Escrita sita na
ladeira do coto da Escrita, ainda que no termo de Bardaos.
Ademáis do lavadeiro da Fonte do Coto contamos co da Casanova, este de carácter privado e varias pedras de fregar como son a do Cubo do Muiño de Riba, a do Cano do Caneiro, a da Ponte e a do Balogueiro.¡ Como pa que veña logo alguen decindo que non somos limpos!.
Debido a esta proliferación de arroyos, a nosa parroquia conta
con varias aceas ou muiños de auga:
O primeiro que encontramos e o da
Tilleira, no seu día
alimentado polo canigote do mesmo nome. Este muiño pertencia a
varios parceiros. O seu estado actual demanda unha restauración
ó igual que o resto dos que vamos citar. O seguinte que nos
atopamos é o
Muiño
de Riba, este tras pasar por varios donos, oxe pertence a Nieves
Sanjurjo. Este era un muiño bastante grande, contaba con
dous muiños e
unha habitación contigua na que ten habido unha
perruquería (mui profesionales). Se damos un paseo pola
Área Recreativa, podemos admirar as ruinas do
Muiño do Medio, que
posiblemente sexa o que peor estado presente.Se continuamos
dirección ó Castro, poderemos facer un alto no
Muiño do
Balogueiro o cal tamén pertenceu a varios parceiros, logo
está o muiño do Castro, propiedade de Vicente Canosa, este
muiño forma parte da estructura da casa e posiblemente fose o
último en cesar a súa actividade. Coa chegada do progreso
estes muiños forón vendo como se comenzaban a instalar
muiños electricos e eles iban quedando en desuso. Hoxe nin os
electricos teñen traballo, en Bardaos existen dous, ambos na Cruz
da Raiña e ambos pechados, e non é que hoxe non se consuma
fariña, pero
..é de outro tipo.
Ó igual que a mayoría das bisbarras de Galicia, Bardaos
tamén conta cun par de cruceiros. O primeiro, e de
creación recente, é o do Tio Milio, este cruceiro foi
encargado polo tio Milio de Casimiro para cubrir o oco deixado por outro
que había anos lucira nesta encrucillada. Xa máis antiguo
é o situado na
eira
de Eliseo de Xan. Este construido en cantería e de edad
descoñecida. Tamen de cantería é o que temos na
Meixeiroa, este foi
colocado en señal de dolo por un crime cometido neste punto. Por
último temos o
Cruceiro
da Reina, este cruceiro foi recollido do olvido por Miguel Vilela, o
cal o restaurou. Este cruceiro conta coa particularidade de que no seu
día foi posto a modo de campo santo para aqueles nenos que
morrian no parto ou ben antes de se bautizaren, xa que por aquel
entonces o que non tivera feito o bautismo non podia ir enterrado no
cementerio.
Outos accidentes xeográficos a ter en conta son os cotos da
Croa, da Tillería e o Coto-agudo. O primeiro erguese na zona
centro da parroquia co unha altura que apenas excede os douscentos
metros, pero evidentemente o que fai chamativo este coto non é a
súa altura, o interesante deste coto e que nel podemos
encontrarnos con restos dun antiguo castro celta. Fai xa anos fixeranse
unhas escavacións no castro e en el atoparanse distintas pezas de
bronce e incluso ouro, ademáis de unha infinidade de pezas de
cerámica. Como si de un xemelgo se tratara, á carón
da Croa erguese o coto da Tillería, inda que este non presume de
ningún tipo xacemento. O
Coto-agudo é o teito de Bardaos, erguese uns 374 mts por
encima do nivel do mar, na súa cima confluien tres concellos: San
Sadurniño, Valdoviño e Moeche. As suas vistas son
inmellorables, non en vano a conselleria de medio ambiente escolleu este
coto para instalar nel unha
torre de vixiancia de incendios
forestais, outro dos atractivos deste coto hai que buscalo na caprichosa
construcción natural que forman unha serie de rochas a modo de
gruta e que os ancians chaman
A Cova do Coto.
A principal fonte de ingresos desta parroquia hai que buscala nas pequenas explotacións gandeiras así como no sector forestal. Un dos reclamos turísticos de Bardaos hai que buscalo na pesca e na caza. Sen dúbida a troita do Forcadas e especies como o xabarín e o corzo fan que a esta pequena parroquia se achegue xente dos máis diversos lugares. Bardaos tamén é coñecido polas "merluzas" que se poden pescar o día da festa, ainda que estas non gozan de valor culinario (jeje).
Pero realmente o que fai especial a Bardaos é a súa xente, e a que ata alí se achega sempre que pode, e que non queren que a súa pequena parroquia pase a ser coma moitas outras un anaco de terra espetado no centro de ningures, e pola contra sexa un punto de referencia para todo aquel que queira gozar coas formidables caralladas que alí se arman.
Un gran paso adiante para conseguir este obxectivo foi a creación da Cofradia de San Pipote, que desempeña á perfección o papel de atraer á xente nova ata Bardaos, que é a que ten o papel principal para que Bardaos siga no mesmo camiño, e cada vez sexamos máis e mellores. Os rapaciños/as estes de San pipote son un pouquiño charcas, pero moi boa xente, nunca mal de si falaron. Da mesma maneira que os vascos teñen a mayoría o grupo sanguineo RH -, os rapaces de bardaos presentan un curioso caso de JB positivo.
Cabe mencionar que para lograr o noso proposito contamos coa
colaboración do Concello de San Sadurniño, así como
coa da Diputación Provincial. Temos á nosa
disposición dous edificios de carácter público como
son o local social de Bardaos (
sede episcopal de San Pipote) e a
antigua escola de nenas das Loibas. Tamén temos á nosa
disposición unha fermosa área recreativa, dotada dunha
gran mesa cuberta,
zona recreativa para
os nenos, e un inmellorable marco á carón do
rio Forcadas.
Por último compre citar a
nosa igrexa.
Aporta o teu gran de aréa e vennos visitar cando o desexes, non te arrepentiras!!!
