O calendario de festas da Cofradia de San Pipote é revisado e actualizado ano tras ano. Para recibir máis información ou apuntarse a calquera das festas, podedes contactar con nos a través do formulario de contacto, ou ben chamando ó 630563130.
I Festa da Freba
O vindeiro sábado 14 de Marzo, terá lugar en Bar-daos a I Festa da Freba.
E para combatir a crise, ocurreusenos presentarvos un 3x1:
- 3 Eventos x 1 Día: Comilona / Entroido / Festa doente
- 3 Manxares x 1 Azul: Empanada / Mexillóns / Carne ó caldeiro
- 3 Orquestas x 1: Superfama / América / Trovadores
O plan é o seguinte:
- 14:00 - Batuxaremos os cadrís ó són da Orquesta Superfama
- 15:00 - Encheremo-lo bandullo e repoñeremos folgos ó són da freba:
- Empanadas Variadas
- Mexillóns
- Carne ó caldeiro
- Café
- 17:00 - Sesión laxante, ou sexa, pa cajarse, coa orquesta Superfama
- 19:00 - Como en tódolos traballos se fuma, aquí tamén... Proxección do film: "Made in Bardaos"
- 22:30 - Como nin dios nos vai recoñecer... Festa do Entroido!!!. Colle o teu disfraz e pono, que isto pode ser moito meu filliño!!!
- XXXXX - Festa doente ata as catro da mañán coas orquestas América e Trovadores
Se desexas vir á festa, só tes que acercarte ó campo da festa de bardaos. Se desexas asistri ó xantar, deberás facer a túa reserva abonando a cantidade de 20€ por persoa (10€ ós menores de 12 anos), antes do día 7 de Marzo nunha destas entidades:
- Caixa Galicia: Nº de Conta: 2091-0210-83-3040003852
- Bar Sobelaira (Moeche)
- Bar Marcial (Bardaos)
- Panadería Santa Cruz (Moeche)
A festa da parroquia
Bardaos 2008
Podería poñer por escrito o cartel da festa, pero como nos saiu tan riquiño, mellor que o vexades:
Se tedes algún problema para lelo, instalade o programa Acrobat Reader, dende esta páxina.
